Arboretum Cycle
Arboretum Cycle
- 137 minutos
Dorsky visita durante un ano o Arboretum de San Francisco no Golden Gate Park, moi preto da súa casa. Alí filma a luz como enerxía vital nos elementos da natureza. Captura esa presenza non corpórea e non os obxectos en si: a materia sacra do cine.
O proxecto componse de sete pezas (Elohim, Abaton, Coda, Ode, September, Monody, Epilogue) que o cineasta elaborou ao longo das estacións e que agora xa non mostra de xeito individual, entendendo a obra coma un todo unitario. Estas partes designan as diferentes etapas da vida.
- Ano:2017
- Países de produción: Estados Unidos
- Fotografía: Nathaniel Dorsky
- Montaxe: Nathaniel Dorsky
-
The Sacred Wood: Nathaniel Dorsky's Arboretum Cycle
Crítica de Max Goldberg en The Brooklyn Rail
Entrevista por Gavin Smith (Film Society of Lincoln Center)
Dispoñible só en inglés
Arboretum Cycle
Nathaniel Dorsky
Este ciclo de sete partes absorbe a beleza do mundo da luz e as plantas durante un ano. Non só somos testemuña do decorrer das estacións, senón tamén do desenvolvemento da práctica fílmica ao longo deste ano de exploración da luz como enerxía vital.
Nos últimos anos, California experimentou unha extrema seca. Mais este último inverno a boa fortuna trouxo unha xenerosa cantidade de treboadas e líquidos refrixerios. A primavera que lle seguiu asumiu máxicas e festivas cualidades de enerxía, felicidade, plenitude e rexurdimento.
A un paso do meu apartamento atópase o Arboretum de San Francisco, dentro do Golden Gate Park. Decidín que era o momento de facer unha película sobre un tema simple e que ese sería a luz – non os obxectos, senón a sacralidade da luz en si mesma neste espléndido xardín. O que non sabía era que a gran beleza desta magnífica primavera resultaría non nunha, senón en sete películas, cada unha seguindo á precedente. Comecei a filmar na segunda semana de febreiro e rematei a montaxe da sétima fita nos últimos días de decembro.
Estas sete películas manifestáronse de xeito espontáneo como as etapas da vida: a nenez, a mocidade, a madureza, a idade adulta e a morte. Elohim filmouse no comezo da primavera, na semana do novo ano lunar, verdadeiro espírito de creación. Abaton filmouse unhas semanas máis tarde, en plena madureza da primavera, verdadeira pureza e intoxicación da paixón. Coda filmouse cara a finais da primavera, como pegada da súa pureza, coas primeiras sombras de mortalidade e coñecemento.
Ode, filmada no inicio do verán, é unha canción de suave textura sobre os caídos, os disonantes vermellos da morte, sementes e resurrección. September trátase, en efecto, do verán indio, a outrora canción do cisne das bendicións terreais. Monody, filmada na gloria dun outono que decae, é unha enerxética declaración da fin. E Epilogue, filmada a inicios de decembro, permanece en calma, a enerxía do xardín descende agora á negra e húmida terra.