April
Ap'rili / აპრილი
Ia Sukhitashvili, Kakha Kintsurashvili, Merab Ninidze, Roza Kacheishvili, Ana Nikolava, David Beradze, Sandro Kalandadze, Tosia Doloiani, Beka Songhulashvili
- 134 min.
Nina practica abortos ilegais nunha zona rural de Xeorxia, moi marcada por unha moral ortodoxa. Comezan a investigala e toda a súa vida é posta baixo escrutinio, alén da súa práctica médica, que segue a desenvolver con cautela.
Dea Kulumbegashvili, quen irrompera no festival de Donostia en 2020 con Beginning – Cunha de Ouro –, obra que xa exploraba o integrismo relixioso e a violencia sistémica contra a muller; segue en April a traballar na mesma área de Xeorxia, de onde é orixinaria – Lagodekhi, ante a cordilleira caucásica –. O aborto no país é penado baixo todos os supostos, polo que as mulleres deben recorrer a métodos fóra da lei. A fita rodouse de xeito clandestino, sen permisos de ningún tipo e tentando non chamar a atención das autoridades, para lograr o retrato fidedigno que a directora quería.
A súa cámara, seguindo á actriz Ia Sukhitashvili en todo momento cun estilo seco e opresivo, no que continúa a traballar co fóra de campo para crear tensión, e introducindo desta volta pinceladas de fantástico, consegue crear unha atmosfera terrorífica.
Premio especial do xurado en Venecia.
- Ano:2024
- Países de produción: Francia, Georgia, Italia
- Guión: Dea Kulumbegashvili
- Fotografía: Arseni Khachaturan
- Montaxe: Jacopo Ramella Pajrin
- Produtora(s): Frenesy Film, First Picture, MeMo Films, Independent Film Project, ARTE France Cinéma, 3 Marys Entertainment, Tenderstories, Adler Entertainment
-
Crítica do filme
Carlos Losilla (Caimán. Cuadernos de cine)
Tráiler do filme
Avance cinematográfico VOSE



