Anthony McCall - Programa 1
- 120 min.
Sesión dupla con dous traballos colectivos dos anos 70 de Anthony McCall: Sigmund Freud’s Dora, feita a partir dun grupo de diálogo sobre psicanálise e linguaxe, é un intento único de combinar os debates contemporáneos en tal formalismo, o feminismo e a psicanálise no cine a partir do caso documentado dunha paciente de Freud, á que o psicanalista chamou “Dora”. Argument, pola súa parte, é unha película que traballa con fotografías publicitarias e texto en pantalla, unha investigación política de noticias, anuncios e imaxe de masculinidade; entrementres os cineastas reflexionan sobre a súa propia posición e sobre a posibilidade dunha práctica cinematográfica radical.
SIGMUND FREUD’S DORA
Anthony McCall, Claire Pajaczkowska, Andrew Tyndall, Jane Weinstock, 1979, EEUU, 16 mm a dixital, 50 min
ARGUMENT
Anthony McCall, Andrew Tyndall, 1978, EE.UU.,16 mm a dixital, 70 min.
-
(S8) XIV Mostra de Cinema Periférico
Anthony McCall - Programa 1
Versión lingüística:VOFormato:HD
- Ano:1978-1979
- Países de produción: Estados Unidos