Allensworth
- 65 min.
Sen o título sería complicado situar os primeiros planos, á marxe do seu lugar no calendario. Comezamos en xaneiro e terminamos en decembro e dedicamos uns cinco minutos a cada mes. Unha árbore solitaria perante un ceo invernal, modernas casas de madeira e un sinxelo hotel de tixolo de comezos do s. XX, a pasaxe de trens oídos antes que vistos: isto podería ser calquera pequena vila estadounidense, que o é e non o é. Fundado en 1908, Allensworth foi o primeiro municipio de California gobernado por afroamericanos. A medida que avanzamos ao longo do ano e arredor do asentamento, tamén comezan a acumularse elementos desta herdanza específica: “Blackbird” de Nina Simone, “In the Pines” cantada por Huddie Ledbetter, poemas de Lucille Clifton lidos por unha cativa directamente á cámara. Mais son só ecos nun lugar que agora é un museo, un espazo de reflexión que a película mapea, fragmenta e amplifica como só o cine pode facelo, un lugar para pensar no que foi, como o cemiterio que se mostra no plano final. Mais recordar o pasado é tamén recordar que non todos os pasados son iguais, e aí é onde entra en xogo a duración. Aínda é mester que transcorra un tempo.
- Ano:2022
- Países de produción: Estados Unidos