Albergando la nada
Wu Suo Zhu / 無所住
Lee Kang-sheng, Anong Houngheuangsy
- 79 min.
Un monxe cunha túnica vermella atravesa as paisaxes urbanas e rurais de Washington D. C. Outro descoñecido tamén se move pola cidade. Non sabemos se segue ou non o monxe camiñante. A décima -e ata o de agora última- entrega da Serie do Camiñante (2012-2024) de Tsai Ming-liang estreouse no pasado Festival de Berlín.
- Ano:2024
- Países de produción: Estados Unidos, Taiwán
- Guión: Tsai Ming-liang
- Fotografía: Chang Jhong-Yuan
- Montaxe: Jhong Yuan Chang
-
Y así, el mundo resplandece
Crítica de Aarón Rodríguez Serrano en El antepenúltimo mohicano
-
Crítica do filme
Jaime Pena (Caimán Cuadernos de Cine)
Tráiler de Abiding Nowhere
Avance cinematográfico do filme
Crítica de ‘Abiding Nowhere’
Violeta Kovacsics (Otros Cines Europa)
Abiding Nowhere é a décima entrega dunha serie de películas breves próximas á instalación museística. Nelas, Lee Kang-sheng viste coas roupas dun monxe budista e camiña cunha lentitude asombrosa por espazos reais. Prodúcese así un efecto de estrañamento, entre a pausa do corpo do monxe e o balbordo dos tempos modernos.
En Abiding Nowhere, o monxe camiña por Washington, polas rúas, polos lugares máis emblemáticos. Outra vez, prodúcese un contraste, entre os tempos calmos do camiñante e a celeridade dos elementos da súa contorna. Nun momento, por exemplo, Tsai filma o monxe interpretado por Lee Kang-sheng atravesar unha rúa. Todo parece ir a cámara lenta, ata que de súpeto pasa un auto e evidencia que o único que vai lento é o corpo do actor. O cine de Tsai é contracultural, e non hai películas que o expliquen mellor que a serie do camiñante, porque propón un tempo precisamente contracultural, que avoga pola pausa en tempos de produtividade e ritmo constante.
No novo filme de Tsai Ming-liang, outro home atravesa os mesmos espazos que o monxe, e realiza todo tipo de cousas cotiás: desde unha visita no museo ata preparar e comer uns noodles precociñados. É un personaxe moi próximo ao cine de Tsai, un reflexo das soidades urbanas contemporáneas, que por outro lado sempre propón un diálogo entre a soidade e o encontro. Os dous protagonistas pasan polo mesmo espazo, a sala dun museo onde se expoñen reliquias asiáticas, reminiscencias doutro tempo, doutro lugar. Abiding Nowhere comeza e remata coa auga en movemento. É o ritmo impertérrito da natureza; o mesmo, continuo mais pausado, ca o do monxe.