Alarma en el expreso
The Lady Vanishes
Margaret Lockwood, Michael Redgrave, Paul Lukas, Dame May Whitty
- 97
Nun hotel de montaña nos Balcáns, os viaxeiros dun tren bloqueado pola neve reúnense para pasaren a noite. Entre eles está Iris Henderson, unha rapaza que se encontra de vacacións e que contraerá matrimonio ao regresar a Londres. Iris traba amizade coa Sra. Froy, unha institutriz, ao tempo que coñecen un compositor, Gilbert. A alegría da noite dá paso a un estraño asasinato e á propia desaparición da Sra. Froy. Iris pide que se abra unha investigación en canto o tren reinicia o seu camiño. “Todo o mundo sabe que The Lady Vanishes é un clásico de suspense, pero é, ademais, a mellor comedia de Hitchcock. Dame May Whitty está sinxelamente perfecta no seu papel da velliña Sra. Froy. Margaret Lockwood é case tan boa no papel da moza que pasa a maior parte da película buscándoa. Todo isto ten lugar na viaxe transeuropea en tren mellor levada nunca á pantalla. Aínda que de menor resonancia que algúns dos posteriores filmes de Hitchcock, poderíase argumentar que é o máis delicioso de todos eles” (Michael Goodwin, Take One).
- Ano:1938
- Países de produción: Reino Unido
- Guión: Sidney Gilliatt, Frank Launder; Ethel Lina White (novela)
- Fotografía: Jack Cox
- Montaxe: Alfred Roome, R.E. Dearing
- Produtora(s): Gainsborough Pictures