Aki Kaurismäki: curtametraxes
- 40 min.
Rocky VI (1986, 8 min.)
Curtametraxe que satiriza a afamada Rocky IV, de Sylvester Stallone. Rocky defende o mundo libre e combate contra un enorme boxeador soviético.… En palabras de Aki Kaurismäki: “A miña vinganza contra o Sr. Stallone, que penso que é un idiota.”
Thru the Wire (1987, 6 min.)
O protagonista desta curta, Nicky, percorre bares e hoteis en busca da súa moza despois de fuxir do cárcere.
L.A. Woman (1987, 5 min.)
Gravación dos Leningrad Cowboys interpretando a The Doors.
Rich Little Bitch (1987, 5 min.)
Vídeo musical do tema de Melrose: “Rich Little Bitch”.
Those Were the Days (1991, 5 min.)
París, 1994. Durante a noite, os Leningrad Cowboys cantan “Those were the days”, ao tempo que un home se dirixe co seu burro a un restaurante. Mais na porta hai un cartel que prohibe entrar os burros…
These Boots (1992, 5 min.)
Os Leningrad Cowboys reinterpretan o tema de Nancy Sinatra “These Boots Are Made for Walking”.
Valimo (2007, 4 min.)
Sketch cómico de Aki Kaurismäki pertencente ao filme colectivo A cadaquén o seu cine (Chacun son cinéma).
-
Aki Kaurismäki
Aki Kaurismäki: curtametraxes
Leningrad Cowboys Total Balalaika Show
Versión lingüística:VOSEFormato:DCP -
Aki Kaurismäki
Aki Kaurismäki: curtametraxes
Leningrad Cowboys Total Balalaika Show
Versión lingüística:VOSEFormato:DCP
- Ano:1987-2007
- Países de produción: Finlandia