
Accatone
Franco Citti, Franca Casut, Silvana Corsini
- 117 minutos
Unha das estreas na longametraxe máis importantes e sorprendentes da historia do cine, preludio dunha sorte de segundo neorrealismo que marca o nacemento do Pasolini cineasta. Vittorio Cataldi, chamado Accatone, vive na periferia de Roma. Vive mantido por unha prostituta, Magdalena. A inesperada entrada no cárcere dela vai deixar a Accatone sen recursos. Contra pronóstico, Accatone namora dunha moza. Pasolini comezaba forte, mesturando crueza realista, un ton de traxedia grega co seu correspondente carácter cíclico e unha preclara sobriedade formal. O axudante de dirección foi un novísimo Bernardo Bertolucci.
- Ano:1961
- Países de produción: Italia
- Guión: Pier Paolo Pasolini
- Fotografía: Tonino Delli Colli
- Montaxe: Nino Baragli
- Produtora(s): Arco Film Roma, Cino De Duca