
Film+ NotFilm
VV.AA, 1965-2015
148'. DCP. Subt. Castelán
Film
(Estados Unidos, 1965)
Dirección: Alan Schneider. Guión: Samuel Beckett. Fotografía: Boris Kaufman. Intérpretes: Buster Keaton, Nell Harrison, James Karen. Dur.: 20'.
Cinco anos antes de recibir o Nobel de Literatura, o dramaturgo Samuel Beckett concibiu a súa única película. Unha persecución entre a cámara e a imaxe que encontra a súa esencia cinematográfica no obxecto perseguido, que non é outro ca un vello Buster Keaton. Restaurada por UCLA Film & Television e Milestone Film & Video.
(Catálogo Bafici 2016)
Notfilm
(Estados Unidos, Reino Unido, 2015)
Dirección, guión, fotografía e montaxe: Ross Lipman. Intérpretes: Kevin Brownlow, Judith Douw, James Karen, Buster Keaton. Dur.: 128'.
Ross Lipman realiza un ensaio experimental sobre Film, a película de Samuel Beckett, mediante a utilización de gravacións das reunións de produción. Con este experimento, Lipman proponse resolver un enigma cinematográfico con máis preguntas ca respostas.
(Catálogo Bafici 2016)