De la vida de las marionetas
Aus dem Leben der Marionetten
Robert Atzorn, Martin Benrath, Rita Russek, Christine Buchegger, Lola Müthel
- 104 minutos
Un home de negocios cun tempestuoso matrimonio vese suxeito a impulsos asasinos.
- Ano:1980
- Países de produción: Alemaña, Suecia
- Guión: Ingmar Bergman
- Fotografía: Sven Nykvist
- Montaxe: Petra von Oelffen
- Produtora(s): Bavaria Film, Incorporated Television Company (ITC), Personafilm
Images: My Life in Film
Ingmar Bergman
No meu segundo ano en Múnic (en 1977), comezara a escribir unha historia titulada Amor sen amantes. Era pesada e formalmente fragmentada e reflectía unha axitación que claramente tiña algo que ver co meu exilio. A localización era Múnic e incluía, como xa fixera o meu soño dun filme silente, unha gran cantidade de fragmentos de filmes abandonados polo director [...]
O filme baséase en observacións concretas e recordos sobre un tema que me obsesionou durante moito tempo: como dous seres humanos unidos indisoluble e dolorosamente polo amor intentan ao tempo romper as súas cadeas.
Os personaxes principais de De la vida de la marionetas, Peter e Katarina, apareceran antes en Secretos de un matrimonio, onde actuaban como contrapuntos de Johan e Marianne no primeiro episodio.
Tirado da biografía de Ingmar Bergman, Images: My Life in Film, Bilder, (Norstedts Förlag, Estocolmo, 1990)