
Festival Marienbad (2004-2006)
Este é un pequeno festival independente que nace coas ganas de dar a coñecer os novos talentos no mundo do xénero fantástico e experimental.
78’. Vídeo. Entrada gratuíta.
ESTADO ALLÍ ANTES
(España, 2006)
Dirección, produción e fotografía: David Cacheda. Guión: Francisco Calvelo. Intérpretes: Pablo Ferradás, Mireia Rivas, Vanessa Souto. Duración: 5 minutos.
Un home conta un soño, un estado de inconsciencia que nos revela o fondo da súa mente.
METAMORFOSIS
(España, 2004)
Dirección e guión: Francisco Estévez. Produción: Manuel Pena. Fotografía: David Hernández Luis. Intérpretes: Nacho Castaño, Cristal Álvarez. Duración: 19 minutos.
Unha mañá Gregor Samsa esperta logo duns soños axitados e atópase na cama convertido nun bicho monstruoso. “Que me ocorreu?”, pensa, ao tempo que dá comezo unha sucesión de problemas coa súa familia que non teñen fácil solución...
ZERO-DAY
(España, 2004)
Dirección e guión: Javier Gómez. Duración: 7 minutos.
Farán catedrais dos nosos cemiterios e tumbas das nosas cidades... Con esa advertencia chegaron do seu planeta, viaxaron por moitas galaxias e atopáronnos.
THE NOISE
(Inglaterra, 2004)
Dirección e guión: Javier Casasempere. Produción: Javier Prieto. Fotografía: Kete. Intérpretes: Markus Von Lingen. Duración: 11 minutos.
Philip é un home que leva a súa vida con orde obsesiva. Algo completamente descoñecido irrompe na súa vida diaria facéndolle perder o control.
INVERSO
(España, 2006)
Dirección, guión e produción: Rafael Mallo. Fotografía: Rodrigo Chico, Rafael Mallo, Francisco Calvelo. Intérpretes: Noa Franco, Raúl García, José Ramón Álvarez. Duración: 15 minutos.
Atrapado entre unha sucesión de pequenas rutinas, un home enfróntase ás ansias de cambio que proceden do seu propio interior.
KINKY HOODOO VOODOO
(España, 2004)
Dirección e guión: Velasco Broca. Produción: Arsénico P.C. e Hill Valley. Fotografía: Arturo Briones Carcaré. Intérpretes: Rodrigo Fernández, María Pavón, Luis Alonso Lozano. Duración: 7 minutos.
En 1997 os nativos prehumanos de Saturno recrean un campo de traballo terrestre para albergar adolescentes españois.
CRISÁLIDA
(España, 2005)
Dirección, guión e produción: Francisco Calvelo. Fotografía: Rodrigo Chico, Rafael Mallo, Francisco Calvelo. Intérpretes: Francisco Calvelo, Noel Vázquez. Duración: 14 minutos.
O anuncio dunha desaparición é algo común hoxe. Pero se a quen se busca é alguén que podería ser calquera de nós, o feito cotián pódese converter en algo máis sinistro.