FANTASMA
Lisandro Alonso, 2006.
63´.
FANTASMA
(Arxentina-Holanda-Francia, 2006)
Dirección e guión: Lisandro Alonso. Produción: 4L (Arxentina), Slot Machine (Francia), Fortuna Films (Holanda). Fotografía: Lucio Bonelli. Intérpretes: Argentino Vargas, Misael Saavedra, Carlos Landini, Jorge Franseschelli. Duración: 63 minutos.
O cincuentón Argentino Vargas chega a Bos Aires. Detido na entrada do Teatro San Martín agarda a alguén para que o acompañe ao décimo piso, onde se presenta unha película, “Los muertos”, na que el é o protagonista. O edificio parece un misterio para Argentino e tamén para Misael, dous homes estraños nese escenario. Despois de dirixir as maxistrais e concisas “La libertad” (2001) e “Los muertos” (2004), Lisandro Alonso reúne os seus protagonistas, esta vez moi lonxe do seu contexto habitual.