
EXTRAÑOS EN EL PARAISO
Jim Jarmusch, 1984.
89’. Subtítulos en castelán. Cine indie
(Estados Unidos-Alemaña, 1984)
Dirección e guión: Jim Jarmusch. Produción: Sarah Driver / Cinesthesia Productions, Zweites Deutsches Fersehen, Grokenberger Film Produktion. Fotografía: Tom DiCillo. Intérpretes: John Lurie, Eszter Balint, Richard Edson, Cecilia Stark, Danny Rosen. Dur.: 89 min.
Un mozo neoiorquino recibe a inesperada visita da súa curmá húngara de dezaseis anos. A inicial indiferenza entre ambos convértese pouco a pouco nun afecto sincero. Xuntos deciden visitar a súa tía en Cleveland e despois chegar até Florida. O primeiro segmento da película rodouse coa metraxe sobrante de “El estado de las cosas”, de Wim Wenders.