
Pedro Otero. Fotografías
-
Do 6 abril ao 9 maio de 2005
Fundación Eugenio Granell
Pedro Otero, fillo dun carpinteiro de Pontedeume, quixo testemuñar desde a súa fotografía a historia da súa familia emigrante.A súa obra é hoxe reivindicada como unha das de maior calado dentro do acontecer da fotografía arxentina do século XX. Autor de numerosas mostras entre 1952 e 1962, as súas series máis persoais sobre "As mans e o traballo", "A fotografía e o artista pola Paz" e "A fotografía e a música" son as que hoxe se ven reivindicadas pola crítica actual que sitúa estas mensaxes renovadoras de Pedro Otero como exemplo senlleiro dos fotógrafos que adoptan máis riscos plásticos entre as décadas dos 50 e 60 do século pasado.