
Fotografía, edición e artes gráficas. Galicia 1900-1978
-
Do 14 maio ao 17 xuño de 2007
Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela
Cromos, postais, álbumes, estampas, xornais. Revistas ilustradas, cadernos, publicidade, capas e cubertas. Prensa baixo censura e prensa en liberdade. Fotos anónimas e fotos roubadas, fotógrafos artísticos, afeccionados e profesionais. Reclamos, folletos turísticos, crónicas gráficas, portfolios, boletíns e fascículos. Xornalismo de masas, reportaxes deportivas, postais folclorizantes e selos coleccionables. Revistas da emigración e publicacións alleas, volumes ilustrados e libros de viaxeiros.
Materiais reunidos e escolmados para ofrecer a imaxe, real ou reflectida, dun país e a súa sociedade entre 1900 e 1978. A que quere ser propia e a que, desde fóra, se ofrece de nós usando a fotografía e todos os seus xeitos e posibilidades de estampación. Galicia retratada, identificada e modelada. Imaxinada ou idealizada e, non poucas veces, mesmo falsificada. Mais tamén reflexionada, respectada e soñada. O século XX foi testemuña.
Coleccións e prestadores:
Biblioteca Penzol. Vigo
Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades
Alberto Martí Villardefrancos
Colección privada. Ferrol
Colección privada. Ourense
Colección privada. Pontevedra
Colección privada. Santiago