
A Bella Otero, un soño de estrela
-
Do 8 maio ao 31 maio de 2003
Pazo de Fonseca, Santiago de Compostela
Percorrido pola traxectoria cinematográfica –até agora descoñecida- de Agustina Otero Iglesias, La Belle Otero, (Valga, Pontevedra, 1868 – Niza, Francia, 1965) bailarina que conseguiu enorme éxito e gran popularidade no París da sociedade mundana de entreséculos. Foi unha das máis xenuínas representantes da Belle Époque.Na mostra poderanse ver por vez primeira imaxes en movemento da Belle Otero, en concreto unha secuencia de baile, unha selección da película que sobre a súa vida protagonizou María Félix e outra dunha serie de televisión con Ángela Molina no papel da bailarina galega. Ademais mostraranse fotografías, postais de época, carteis e paneis biográficos que contextualizan a biografía e o paso polo cine da diva galega.