
Eva
Kike Maíllo, 2011
94'. DCP. Subt. castelán. Entrada de balde.
EVA
(España, 2011)
Dirección: Kike Maíllo. Guión: Sergi Blebel, Cristina Clemente, Martí Roca e Aintza Serra. Produción: Escándalo Films. Fotografía: Arnau Valls Colomer. Intérpretes: Daniel Brühl, Marta Etura, Alberto Ammann, Lluis Homar. Duración: 94 minutos.
Ano 2041. Os homes conviven con criaturas mecánicas. Un enxeñeiro cibernético, Alex, volta a Santa Irene co encargo de crear un neno robot. Alex establece alí unha relación moi especial cunha cativa, Eva. Gañadora de tres premios Goya e cinco Gaudí (entre eles á mellor película en lingua catalá), un título presente en certames como Venecia e Sitges. Ciencia-ficción de corte humanista para un proxecto persoal de Kike Maíllo producido pola ESCAC (Escándalo Films) con unha posta en escena e un deseño de produción non habituais.