
EUFORIA
Ivan Vyrypayev, 2006.
74´. Subtítulos en castelán.
EYFORIYA / EUFORIA
(Rusia, 2006)
Dirección e guión: Ivan Vyrypayev. Fotografía: Andrey Naidenov. Produción: Pervoe Kinopartnerstvo. Intérpretes: Maxim Usharov, Mikhail Okunev, Polina Agureyeva. Duración: 74 minutos.
Pavel coñece a Vera nunha voda e namora profundamente dela. Ela, casada e cunha filla pequena, abandona o seu fogar para marchar con el. A radicalidade dos sentimentos e a euforia incontrolable vense dificultados polas manobras do celoso marido de Vera, que os persegue con saña. Drama localizado na estepa rusa dirixido por un autor teatral e premiado no certame de Venecia.