![ESE OSCURO OBJETO DEL DESEO ESE OSCURO OBJETO DEL DESEO](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_917.jpg?itok=kmABB8kM)
ESE OSCURO OBJETO DEL DESEO
Luis Buñuel, 1977.
103´. Subtítulos en galego.
CET OBSCUR OBJET DU DÉSIR / ESE OSCURO OBJETO DEL DESEO
(Francia-España, 1977)
Dirección: Luis Buñuel. Guión: Luis Buñuel e Jean-Claude Carrière, sobre a novela de Pierre Louys La femme et le pantin. Produción: Greenwich Film Production, IN-CINE. Fotografía: Edmond Richard. Intérpretes: Fernando Rey, Àngela Molina, Carole Bouquet. Duración: 103 minutos.
Mateo, un vello burgués, namora de Conchita, unha moza a quen intenta conquistar a través dunha cadea de actos e avances fallidos. A despedida do cinema de Luis Buñuel foi unha burlesca produción do fiel Serge Silberman, intelixente xogo de contrarios que reunía as súas preocupacións (cun motivo central, o desexo erótico do home pola muller con tristes resultados) e o aliciente engadido de empregar dúas actrices para un mesmo papel. Premios da crítica en Estados Unidos e dous nomeamentos ao Oscar: película estranxeira -representando a España- e guión.