
EN EL BALCÓN VACÍO
Jomí García Ascot, 1961.
64´. Entrada gratuíta.
EN EL BALCÓN VACÍO
(México, 1961)
Dirección: Jomí García Ascot. Guión: María Luisa Elío, Jomí García Ascot, Emilio García Riera. Argumento: María Luisa Elío. Produción: Ascot / Torre N.C. Fotografía: José María Torre. Intérpretes: Nuri Pereña, María Luisa Elío, Conchita Genovés, Jaime Muñoz de Baena. Duración: 64’.
A rapaza Gabriela é testemuña na casa de seus pais da detención dun fuxitivo pola Garda Civil grazas á complicidade dunha muller. Gabriela intúe que seu pai desapareceu, mentres uns rapaces apedran un “roxo” preso. Ela e a súa familia pasan á zona republicana, reciben a nova da morte do pai e marchan ao exilio. Relato de dor e indignación realizado en México durante 40 fins de semana por exiliados españois que recrea a terrible España bélica facendo xurdir un relato subxectivo e desgarrador, sen concesións e lamentablemente descoñecido.