Pontevedra, cuna de Colón

Pontevedra, cuna de Colón

38 minutos

Documental de 1927 que desenvolve a tese da orixe pontevedresa de Cristóbal Colón, defendida por varios historiadores citados na película. Realizado por Enrique Barreiro, unha das figuras máis importantes do cine galego nos anos vinte e trinta xunto co seu irmán Ramón, a fita bota man de recursos propios dos noticiarios da época como panorámicas dos lugares que transitou o explorador e intertítulos dos escritos dos que bebe para defender a súa argumentación. Mais non renuncia á utilización dalgunha técnica de seu como lentes para aumentar detalles en documentos medievais ou curtas pasaxes presentadas en Bicrom, un sistema de cine en cor que o propio Barreiro patentara e que constituirá a súa principal obsesión profesional e, seguramente, a súa achega máis innovadora.