Polisóns

Polisóns

45 min. Produtora(s):  Luis Collazo, Ignacio Vilar Guión:  Fotografía:  Marcos Sarmiento

Este documental conta as diversas situacións dos polisóns que foxen dos seus países de orixe lanzándose á aventura dos que non teñen nada que perder; países onde non existen nin a estabilidade política nin económica, tales como Angola, Mozambique, Marrocos, e en xeral toda África. A través dos distintos estamentos relacionados co tráfico, neste caso marítimo, vanse coñecendo as axudas que este colectivo pode recibir, e as dificultades coas que se atopan.