Percebeiros

Percebeiros

28 min. Produtora(s):  María López Viéitez Guión:  Paco Cuesta Fotografía:  Fernando Dans, Antonio Vales

O mar bate nas rochas. Santa Mariña. Unha pequena vila da costa da Morte. Aquí o ritmo das ondas é o ritmo da vida... “Percebeiros” achéganos á vida deses homes e mulleres. Dos que traballan na recollida do percebe, e dos que esperan en terra. Todos eles dependen do mar. As súas voces son o eco da voz do mar.