
Nena
98 min. Produtora(s):
Manane Rodríguez, Luis M. Fernández Guión:
Xavier Bermúdez, César Fernández, Xavier Izquierdo Fotografía:
Ángel Luis Fernández Gary Piquer, Juan Querol, Nerea Barros, Rebeca Montero, Carlos Elicechea, Pilar Carballo, Ramón Chamadoira, Oscar Durán Guillén, Vicente González, Ana Santiso
Daniel Paz, profesor universitario, animador e director dun grupo-escola de teatro, retírase unhas semanas a un balneario co obxecto de esquecer unha aventura sentimental ao tempo que intenta cumprir cun encargo para el insólito: escribir uns guións para unhas comedias de situación. Guiado por unha música que se escoita desde o outro lado do río próximo, cruza en barca á outra beira e coñece dous irmáns: David, novo e impulsivo e actor atractivo, e Eli, unha fermosa rapaza de quince anos.
A pesares de que iso pode atrasar o seu traballo, embárcase nunha relación cada vez máis intensa con eles. Primeiro con David con quen debate o seu sentido da interpretación. Despois con Eli coa que vai intimando dunha maneira inquietante.
Fondos en empréstito