Na percura do Santo Grial

Na percura do Santo Grial

15 min. Produtora(s):  , S.L. Guión:  Xulio Xiz Ramil Fotografía:  Carlos Rodríguez

Conta o narrador que no Cebreiro se garda un cáliz singular, o do Santo Milagre o do Milagre do "Santo Grial". Cada ano no mes de setembro os habitantes do Cebreiro celebran a festa. Son quizais sen sabelo os herdeiros, do espírito dos cabaleiros da Táboa Redonda, fundada polo lendario Rei Arturo, e como eles andan á procura da saúde da alma buscando o mito transmitido polos seus devanceiros século a século, de pais a fillos de xeración en xeración. No Grial buscan a fonte da pureza, da ledicia, do amor, da salvación, o vencello de ceos e terra que lle dará ó mundo a porta franca a un tempo mellor...