Lugar de Teixido
30 min. Produtora(s):
Cristina Santos Guión:
Pilar Faxil, Cristina Santos e Helena Villares Fotografía:
Luis Pardo de Vera
O Santo Andrés do imaxinario popular, o que mora nestas terras de Teixido desde antes dos inicios dos tempos, o que nos fala en silencio do esquecido, do pasado que pervive, rivaliza co poderoso Santiago, o Apóstolo, o cabaleiro invasor, aquel que representa a ortodoxia na súa loita desigual e secular contra o prohibido.
Neste lugar, símbolo dunha cultura sitiada e nunca derrotada, habita un pobo que leva a marca do asedio na mirada. As súas xentes conservan a memoria da dureza dos tempos pasados, pero na súa voz resoa con orgullo a dignidade de seres que, no medio dos pesares, como eles din, conservaron sempre a fronte ben alta.
Fondos en empréstito