Lena

Lena

108 min. Produtora(s):  Piluca Baquero, Antón Reixa, Elena Manrique, Enrique González Macho, José Maceda, Take 2000. Coa participación de Canal Plus, Televisión Española, ICAA, ICAM e a colaboración de Televisión de Galicia. Co apoio do Programa IBERMEDIA e o Concello de Vigo Guión:  Antonio Trashorras, David Muñoz, Gonzalo Tapia Fotografía:  Carles Gusi Marta Larralde, Manuel Manquiña, Roberto Álvarez, Luis Tosar, Víctor Norte, Iván Hermes, Luis Zahera, Carlos Kaniowsky, Antón Reixa, Nuria Sanz, Josito Porto, Luma Gómez, Beatriz Campos, Santi Prego

Para todos supón un cambio brusco o paso da adolescencia ao mundo dos adultos; pero hai casos nos que a brusquidade toma sentido real e deixa de ser un concepto inocente ao que os mozos inmaturos lle damos importancia. Este é o caso de Lena, unha moza de dezaoito anos que vive no barrio de Bouzas, na ría de Vigo. O pai de Lena é un pobre home que vive de ilusións e de meterse en problemas. Aínda así é cariñoso coa súa filla. Un día seu pai aparece mallado por meterse en leas coa mafia local. A partir dese momento a vida de Lena cambia de forma radical.