
Galicia y Buenos Aires
30 minutos Produtora(s):
Galicia Cinegráfica (Vigo) para a Sociedad Progresista Hijos de Fornelos y Anexos (Bos Aires, Arxentina). Fotografía:
José Gil
José Gil, quen tivera a honra de dirixir a primeira película de ficción galega en 1916, Miss Ledya, centrouse dende 1923 en capturar o cotián das localidades da nosa terra en toda sorte de noticiarios e proxectos de carácter documental a través da súa empresa Galicia Cinegráfica. Galicia y Buenos Aires é resultado das súas relacións coas sociedades de emigrantes en Latinoamérica e en concreto un encargo da agrupación bonaerense Hijos de Fornelos. Supón un rexistro da vida diaria desta localidade pontevedresa.
Filme restaurado polo CGAI no ano 1999. Dixitalizado en 4K en 2023.
Fondos en empréstito