Febre do Wolfram, A

Febre do Wolfram, A

57 min. Produtora(s):  Roberto Castro Guión:  Roberto Castro, Itziar Mozo Fotografía:  Pablo Anllo, F.J. Fernández Lois

Durante a Segunda Guerra Mundial o wolframio revolucionou totalmente a vida dos galegos. O comercio deste mineral con Alemaña converteuno na única fonte de ingresos de moitas familias humildes. Os tanques que invadiron Francia e os avións que bombardearon Inglaterra foron construídos con wolframio galego. Ante isto, os aliados infiltraron axentes en Galicia.