Dáme algo
Dáme algo é a historia de Benigno, un tipo culto pero sen sorte. Orfo e que acaba de saír da cadea, encóntrase de fronte cunha realidade que lle dá as costas. Na compaña dos seus colegas indixentes -Tribulete, Boni, Marta, e Chori- decide un bo día organizar un secuestro no albergue onde pasa a maior parte do tempo. Aproveitando a presenza dunha cámara de televisión, Benigno dispara sobre unha monxa, a nai Teresa, e ameaza con facer unha carnicería se non lle deixan dirixir e protagonizar o seu propio show en directo.
Marisol, a presentadora máis famosa da televisión local, cobre a noticia desde o interior do albergue secuestrado coa esperanza de chegar ela mesma a ser unha estrela da televisión a nivel nacional.
Mentres, as forzas vivas da cidade -o comisario Ballesteros, o alcalde e o director televisivo- empéñanse en complicar as cousas.