Costa da Morte

Costa da Morte

30 min. Produtora(s):  Xosé Xoán Cabanas Cao Guión:  Ramón Francisco, Ramón Santiago Fotografía:  Angel Araujo, Miguel L. Caeiro, Emilio Gómez Galki

"A Costa da Morte" é un documental de natureza que intenta incorporar ao mundo da imaxe os outros habitantes das zonas húmidas do noso país: as aves. Este capítulo mostra o tramo occidental da costa, 200 km. de penas graníticas desde San Adrián a Fisterra. As Sisargas é o arquipélago máis importante. Amósase a vexetación dos seus pequenos bosques nos que abundan as especies comúns de herbas de namorar, fieito, perexil de mar, os liques... Os seus refuxios naturais, Corme, Camariñas, Laxe, coa vida propia dos portos desta costa, onde aniñan multitude de aves mariñas: gaivotas craras e escuras, corvos mariños... Tradición, lenda ou realidade. Natureza, vida ou morte danse unha aperta nas augas da Costa da Morte.