Continental

Continental

100 min. Produtora(s):  Francisco Casal Guión:  Xavier Villaverde, Raúl Veiga Fotografía:  Javier G. Salmones Eusebio Poncela, Jorge Sanz, Cristina Marcos, Feodor Atkine, Alberto Alonso, Héctor Alterio, Marisa Paredes, Fernando Guillén, Xosé Lois González, Gonzalo Uriarte, Manuel Areoso, Carlos Marcet, Orlando Rodríguez, Nancho Novo, Marisa Soto, Elina Luaces, Luisa Martínez, Mónica García Pérez, Eufemia Román Torres, Lola Muñoz, Eduardo Puceiro, Manuel Manquiña, Xabier Lourido, Antonio Simón Álvarez, Marina Casal, Canco Ramonde, Angelita Enríquez, Antonio Durán "Morris", Juan Graell, Antón Reixa

Unha vella cidade portuaria, a principios dos anos corenta, o capo Gonçalves celebra o seu triunfo definitivo sobre as bandas rivais. Acompáñano Julia, a súa fiel compañeira, Anabel, a súa cativa e os seus homes de confianza: Otárola, Ventura envexosos do seu poder e Ruda.

Pasaron xa moitos anos. Remata a década dos cincuenta e na mesma cidade enfróntanse as bandas de Ventura e Otárola que, despois de asasinar a Gonçalves, repartiron os seus dominios: o negocio da prostitución e o contrabando do tabaco. A cobiza de Otárola lévao a invadir os sectores do negocio controlado polo seu amigo de sempre, Ventura, desencadeando a loita entre as bandas e un clima de morte e terror.