Baile das ánimas, O

Baile das ánimas, O

90 min. Produtora(s):  Fernando Bauluz, Margen, Análisis e Imagen, Sogepac Guión:  Pedro Carvajal Fotografía:  Tote Trenas Angela Molina, Mónica Molina, Dorotea Bárcena, Joaquim de Almeida, Ana Alvarez, José Conde Cid, María Pujalte, Manuel Lorenzo, Rosa Álvarez, Julio Lago, Paloma Cela, José Sacristán, Luisa Merela, Beatriz Graña, Carmen Castro, Amalia Gómez, Maruja Fernández Varela, Joaquín Lens, Roberto Alvarez, Santiago Prego, Vicente Mohedano, Amanda Español, José María Méndez, Xosé Manuel Olveira "Pico", Baby Studio

Corre o outono de 1948. Mónica é unha rapaza que escapou do internado de monxas de Madrid, onde a ten recluída seu pai autoritario, Agustín, para reunirse con súa nai, Adela, que vive un certo exilio na súa casa de campo nos arredores da Coruña debido ás súas ideas liberais e republicanas. Mónica non sabe por que seu pai, sendo ela moi nena, a levou con el cando se separou de súa nai. Desde entón non a volveu ver. A causa remóntase a quince anos atrás, antes da guerra, cando durante o tradicional baile de véspera de defuntos, o halloween, que se celebraba nesa casa, a única irmá de Adela, Irma, botouse por un acantilado ao saberse encinta do seu cuñado Agustín. Tampouco a Mónica ninguén lle falou da existencia da súa tía Irma.