ELLE A PASSÉ TANT D´HEURES SOUS LES SUNLIGHTS
Philippe Garrel, 1984
132´. Vídeo. Subtítulos en galego.
ELLE A PASSÉ TANT D´HEURES SOUS LES SUNLIGHTS
(Francia, 1984)
Dirección: Philippe Garrel. Guión: Philippe Garrel e Brigitte Sy. Fotografía: Pascal Laperrousaz. Produción: G.I.E. e Philippe Garrel. Intérpretes: Mirelle Perrier, Jacques Bonnaffé, Anne Wiazemsky, Lou Castel, Philippe Garrel, Chantal Akerman. Duración: 132 minutos.
Desfeito tras sufrir o abandono de Christa, Jacques coñece a outra muller, Marie, coa que comeza a vivir. A película recolle tamén a súa propia xestación, xa que Garrel entra con frecuencia no cadro para darlles indicacións aos técnicos, axudar aos actores a construír os seus personaxes ou reflexionar sobre a súa vida, trazos que, como é habitual, constitúen a materia prima do seu filme.