EL SOPAR
Pere Portabella, 1974
50´. Vídeo. Entrada gratuíta.
EL SOPAR
(España, 1974)
Dirección, guión e produción: Pere Portabella. Fotografía: Manel Esteban. Duración: 50 minutos.
Filme-asemblea rodado na clandestinidade que presenta unha análise apaixonante da complexidade da figura do preso político. Estruturado a través dunha cea con cinco presos que suman 52 anos de prisión, a profunda bagaxe teórica e vivencial dos protagonistas concede un valor esencial á palabra, ben apoiada nunha posta en escena sutil e con algúns elementos metanarrativos.