EL SOBRINO DE DON BÚFALO BILL
Ramón Barreiro, 1944
87´. Presentación da publicación do CGAI Ramón Barreiro. Humor, parodia e modernidade, coa presenza dun dos seus editores, José Luis Castro de Paz. Entrada gratuíta.
EL SOBRINO DE DON BÚFALO BILL
(España, 1944)
Dirección: Ramón Barreiro. Guión: Ramón Barreiro e Francisco Mora, sobre un argumento de Ramón Barreiro. Produción: Trébol Films S.A. Fotografía: Francisco Izzarelli. Intérpretes: Carlos Muñoz, José Jaspe, Rosita Yarza. Duración: 87 minutos.
Castor Bill, sobriño do mítico Buffalo Bill, traballa nun banco e quere casar coa filla do director, Mariana. O temido bandido Barbacastaña atemoriza o lugar. Castor, coñecedor da recompensa (15.000 dólares) que ofrecen pola súa captura, decídese a perseguilo. Subtitulada “Película informal do Oeste”. O primeiro western zarzueleiro da Historia é a ópera prima do seu director, un híbrido lúcido de elementos que non elude alusións á realidade cotiá da posguerra española.