EL POLÍTICO
Robert Rossen, 1949
109´. Subtítulos en castelán.
ALL THE KING´S MEN / EL POLÍTICO
(Estados Unidos, 1949)
Dirección e guión: Robert Rossen, sobre a narración de Robert Penn Warren. Produción: Robert Rossen Productions para Columbia. Fotografía: Burnett Guffey. Intérpretes: Broderick Crawford, John Ireland, Mercedes MacCambridge. Duración: 109 minutos.
Excelente parábola sobre o poder onde Rossen describe a dedicación política dun humilde político que na súa ascensión vai perdendo todos os principios. Narrada por un amigo do protagonista e realizada baixo os efectos da caza de bruxas do senador McCarthy, unha adaptación literaria da novela de Robert Penn Warren “Todos os homes do rei” que se desvía sutilmente do orixinal literario. Chea de incidentes na posprodución (ata 8 montaxes), non obstante obtén o Óscar á mellor película en 1950 e premios de interpretación para Broderick Crawford e Mercedes MacCambridge.