El mundo sigue
Fernando Fernán-Gómez, 1963
124'. DCP
El mundo sigue
(España, 1963)
Dirección: Fernando Fernán-Gómez. Guión: Fernando Fernán-Gómez, sobre a novela de Juan Antonio Zunzunegui. Fotografía: Emilio Foriscot. Intérpretes: Lina Canalejas, Gemma Cuervo, Fernando Fernán-Gómez, Milagros Leal. Duración: 124'
Adaptación da novela de 1960 de Juan Antonio Zunzunegui que relata en clave melodramática a historia de dúas irmás, Eloísa e Luisa. En palabras de Fernán-Gómez «unha que non quere ser mala e se ten por boa e outra que si se atreve a ser o que se entende por muller mala». Sublimación intensa e excelente da atrocidade moral e dos elementos sociais xa presentes con anterioridade no cine de Fernán-Gómez, axiña se converteu en película maldita –logo de o guión ser censurado varias veces e obter ademais unha baixa cualificación ministerial- malia posuír unha narración chea de sabios toques populares, enmarcada nun Madrid cheo de contrastes e personaxes inesquecibles.