EL MUNDO SIGUE
Fernando Fernán-Gómez, 1963
124´. Presentación do libro Fernando Fernán-Gómez, coa presenza do seu autor, o historiador José Luis Castro de Paz, o presidente da AEHC Julio Pérez Perucha e José Ramon Garitaonaindía, profesor da Universidade da Coruña. Entrada gratuíta.
EL MUNDO SIGUE
(España, 1963)
Dirección: Fernando Fernán-Gómez, sobre a novela de Juan Antonio Zunzunegui. Produción: Ada Films. Fotografía: Emilio Foriscot. Intérpretes: Lina Canalejas, Gemma Cuervo, Fernando Fernán-Gómez. Duración: 124 minutos.
Adaptación da novela de 1960 de Juan Antonio Zunzunegui que relata en clave melodramática a historia de dúas mulleres irmás, Eloísa e Luisa, en verbas de Fernán-Gómez «unha que non quere ser mala e se ten por boa e outra que si se atreve a ser o que se entende por muller mala». Sublimación intensa e excelente da atrocidade moral e dos elementos sociais xa presentes con anterioridade no cine de Fernán-Gómez, pronto se converteu en película maldita –previo paso dun guión censurado varias veces, que obtivo ademais unha baixa cualificación ministerial- a pesar da súa narración chea de sabios toques populares, enmarcada nun axustado Madrid cheo de contrastes e personaxes inesquecibles.