![ABC da greve](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/abc_da_greve_play-doc.png?itok=ikHNSOrG)
ABC da greve
Luiz Inácio «Lula» da Silva
- 85 min.
ABC da greve (ABC da folga) foi filmada a finais dos anos 70, cando as cidades industriais ao redor de São Paulo se converteron en escenario dun intenso movemento folguista. Leon Hirszman, que nese momento estaba a traballar no guión de Eles não usam black-tie, saíu ás rúas armado con equipos portátiles de 16 mm para observar o movemento obreiro en plena construción da súa identidade política. Traballando nun sistema cooperativo, cun equipo pequeno, Leon foi montando o seu documental día a día a medida que se desenvolvían os acontecementos e rexistrou algunhas das imaxes máis impactantes deste período. A intensa reflexión que propoñía o documental acabou converténdose nunha especie de laboratorio de preparación para a obra de ficción que Leon filmaría a continuación, Eles não usam black-tie. A última edición de ABC da greve non foi completada ata 1990 polo fotógrafo da película, Adrian Cooper, por iniciativa da Cinemateca Brasileira.
- Ano:1990
- Países de produción: Brasil
- Fotografía: Adrian Cooper
- Montaxe: Adrian Cooper
- Produtora(s): Cláudio Khans, Ivan Novais