EL KIMONO CARMESÍ
Samuel Fuller, 1959
86´. Subtítulos en galego.
THE CRIMSON KIMONO / EL KIMONO CARMESÍ
(Estados Unidos, 1959)
Dirección e guión: Samuel Fuller. Produción: Globe Enterprises. Fotografía: Sam Leavitt. Intérpretes: Victoria Shaw, Glenn Corbett. Duración: 86 minutos.
Dous axentes, un americano e outro xaponés, compañeiros na guerra de Corea, deben investigar o crime dunha bailarina de striptease cometido en Los Ángeles. A súa amizade perigará cando aparece unha pintora implicada no caso. Converxencia de varias das máis inspiradoras preocupacións do cine de Fuller (a diferenza, o feito racial, a mirada do outro) envoltas na súa xenial sequidade expresiva, producindo unha película depurada e contundente, con brillantes ideas de posta en escena.