El futuro
Luis López Carrasco, 2013.
67'. DCP. Presentación a cargo do seu autor. Entrada de balde.
EL FUTURO
(España, 2013)
Dirección: Luis López Carrasco. Guión: Luis E. Parés e Luis López Carrasco. Produción: Encanta Films. Fotografía: Ion de Sosa. Intérpretes: Lucía Alonso, Queta Herrero. Duración: 67 minutos.
Sobre fondo negro, as noticias avisan da recente vitoria electoral do PSOE presidido por Felipe González. 1982. A cámara introdúcese nunha festa e fornece unha ollada distante e atordada das danzas e actitudes da xuventude do momento. Alcohol, música, conversas cazadas polo aire, o director, Luis López Carrasco, membro do colectivo Los Hijos, conxela o tempo, dá a impresión de desasosego, de progreso detido polo fastío, de futuro inquietante e portas abertas ou pechadas. Unha fin de festa? Ou un amencer 30 anos despois? Presente en Locarno 2013, un dos filmes do ano, unha proposta que ten que ver coa relectura da cultura da transición.