
EL DIABLO DE LAS AGUAS TURBIAS
Samuel Fuller, 1954
103´. Subtítulos en galego.
HELL AND HIGH WATER / EL DIABLO DE LAS AGUAS TURBIAS
(Estados Unidos, 1954)
Dirección: Samuel Fuller. Guión: Samuel Fuller e Jesse Lasky jr., sobre un argumento de David Hampstead. Produción: Twentieth Century-Fox. Fotografía: Joe MacDonald. Intérpretes: Richard Widmark, Bella Darvi. Duración: 103 minutos.
Un capitán retirado da Mariña é elixido por un equipo da intelixencia internacional para capitanear un submarino que leve ata Alasca a un científico experto en enerxía atómica e á súa moza colaboradora. A expedición desvélase de vital importancia cando descobren que se está argallando un plan que pode facer estalar a III Guerra Mundial. Gran éxito de recadación para un título de acción producido pola Fox con elementos argumentais da Guerra Fría –alleos a Fuller, que se dedicou a facer das súas, introducindo golpes de humor para contrarrestar- e rodado en CinemaScope.