El destino se disculpa
José Luis Sáenz de Heredia, 1945.
110'. 35mm.
EL DESTINO SE DISCULPA
(España, 1945)
Dirección e guión: José Luis Sáenz de Heredia, baseado no conto El fantasma de Wenceslao Fernández Flórez (dialoguista). Produción: Ballesteros S. A. Fotografía: Hans Scheib. Intérpretes: Rafael Durán, María Esperanza Navarro, Fernando Fernán-Gómez. Duración: 110 minutos.
Dous amigos, un actor e outro poeta, chegan a Madrid coa intención de triunfaren e faceren realidade as súas ilusións. Unha herdanza peculiar lévaos a unha aposta en que destino e morte van estar presentes. Nesta comedia fantástica e filme seminal na historia do cine español –que liga con tendencias do cine estadounidense deses anos ao tempo que é camiño a grandes filmes de Berlanga ou Fernán-Gómez-, Sáenz de Heredia ofrece un relato a modo de fábula e narrado polo Destino, coa habitual pegada da vontade autoconsciente e reflexiva de Wenceslao Fernández Flórez.