El chico
Charles Chaplin, 1921.
65’. Narración dos rótulos en castelán. Entrada gratuíta.
THE KID / EL CHICO
(Estados Unidos, 1921)
Dirección e guión: Charles Chaplin. Produción: Charles Chaplin Productions. Fotografía: Roland Totheroh. Intérpretes: Charles Chaplin, Jackie Coogan, Edna Purviance. Duración: 65 minutos.
Edna é unha muller pobre que se ve na necesidade de abandonar o seu fillo nun coche diante da casa duns millonarios. O rapaz acaba ao coidado do vagabundo Charlot, que constrúe un fogar para el e sobrevive recorrendo á picaresca. Cinco anos despois, e con súa nai convertida nunha popular actriz, o destino intentará separalos... A primeira longametraxe de Charles Chaplin, unha combinación maxistral de comedia e drama con doses de crítica social, posúe elementos autobiográficos do director que fan da película un traballo ben persoal. En 1971 Chaplin compuxo a música para o filme. Lectura de rótulos en castelá a cargo do director e actor teatral Carlos Clemente Martínez Gallego. Recomendada a partir de 7 anos.