
El auge del humano
Teddy Williams, 2016
100'. DCP. Subt. Castelán. Presentación: Teddy Williams
El auge del humano
(Arxentina, Brasil, Portugal, 2016)
Dirección e guión: Teddy Williams. Fotografía: Joaquín Neira, Teddy Williams. Intérpretes: Sergio Morosini, Shine Marx, Domingos Marengula. Dur: 100'.
En Bos aires, Exe perde o seu triste traballo e xa non quere buscar outro. O seu barrio e os seus amigos parécenlle tan comúns coma descoñecidos. Por Internet, descubre a Alf, un rapaz de Mozambique que tamén ten un traballo triste. No seu devir, Alf tamén segue outro rapaz, Archie, que escapa á selva. No contexto exótico da vexetación, Archi segue o percorrido dunhas formigas ata o seu formigueiro. Unha das formigas sae e no seu percorrido atópase con Canh, un rapaz filipino que vai á súa cidade bela e descoñecida e que tamén ten un traballo triste. En Arxentina, Mozambique e Filipinas, tres mozos teñen traballos que os deprimen pero van abrindo as súas olladas cara a outros elementos e puntos de vista dun mundo que antes non percibiran, abrindo as portas a un plano tan cotián coma máxico.