
EL ALMUERZO DESNUDO
David Cronenberg, 1991
115´. Subtítulos en castelán.
NAKED LUNCH / EL ALMUERZO DESNUDO (Canadá-Gran Bretaña-Xapón, 1991) Dirección e guión: David Cronenberg, sobre a novela de William S. Burroughs. Produción: Jeremy Thomas para Recorded Picture Company, coa participación de Telefilm Canada, The Ontario Film Development Corporation, Film Trustees Limited e Nippon Film Development & Finance Inc. Fotografía: Peter Suschitzky. Intérpretes: Peter Weller, Judy Davis, Roy Scheider, Ian Holm, Julian Sands. Duración: 115 minutos. Bill Lee, drogadito e exterminador de pragas, casado coa adicta Joan Lee, vaga polos dominios de Interzona, lugar da imaxinación poboado por seres inquietantes, e vese envolto en estrañas operacións de espionaxe. Reinvención do universo do literato de cabeceira (xunto a Nabokov) de Cronenberg, William S. Burroughs, dotada dunha selección de pasaxes da mítica obra coa fusión de materiais que van do biográfico á reflexión sobre a escritura, un mundo paranoico de potentes metáforas polo que encaixan as constantes do escritor, Control e Manipulación.