EDÉN
Amos Gitai, 2001
97’. Subtítulos en castelán.
(Israel-Francia-Italia, 2001)
Dirección: Amos Gitai. Argumento: Arthur Miller. Guión: Amos Gitai, Marie-Jose Sanselme, Nick Villiers. Produción: Amos Gitai, Régine Konckier, Jean Luc Ormières / Agav Hafakot, Cinévia Films, R&C Produzioni, RFK Internacional, TF1 International. Intérpretes: Samantha Morton, Thomas Jane, Luke Hollan, Danny Huston, Dapnha Kastner, Arthur Miller. Dur.: 90 min.
En 1939, un ambicioso mozo dedicado aos negocios deixa Europa para se reunir coa súa irmá en Palestina. Ela, o seu compañeiro, un arquitecto idealista, e máis uns amigos forman un grupo de discusión sobre o futuro Estado de Israel. “Recuperando o esquema clásico de moitas películas de Amos Gitai (…), ‘Edén’ é sen dúbida a máis inxenua de todas. E a afirmación mesma desa inxenuidade fai dela unha das máis desencantadas” (Baptiste Piégay).