
Canciones para después de una guerra
- 115 minutos
Singular e xenial documento elaborado mediante a montaxe de cancións populares da época e materiais tan diversos como fotografías, documentos do NO-DO, tiras de cómics, anuncios e anacos de películas. Patino establece un percorrido pola España dos primeiros anos da ditadura de Franco.
«Unha película sobre a cultura ou subcultura duns anos tráxicos, patéticos e que convén non esquecer. Un filme-lembranza, onde a obxectividade do que se nos amosa e se nos fai oír compleméntase e adquire o seu verdadeiro sentido coa subxectividade co que isto (o visto, o ouvido) foi manexado». (César Santos Fontenla).
Proxección seleccionada este ano polo Día do Cine Español.
- Ano:1976
- Países de produción: España
- Guión: Basilio Martín Patino
- Fotografía: José Luis Alcaine
- Produtora(s): La Linterna Mágica S.L.