É na terra não é na lua
Gonçalo Tocha, 2011.
185'. Vídeo. Subt. el. castelán. Presentación por Gonçalo Tocha e Rui Pereira. Entrada de balde.
É NA TERRA NÃO É NA LUA
(Portugal, 2011)
Dirección e fotografía: Gonçalo Tocha. Produción: Gonçalo Tocha, Nucivo-FLUL, Associação Festa Redonda. Duración: 185 minutos.
Un cámara e un sonidista chegan a Corvo no ano 2007. O lugar é a illa máis pequena pertencente ao arquipélago das Azores. Corvo ten o cráter dun volcán e unha poboación de 440 habitantes. O equipo do filme é progresivamente aceptado polos habitantes. Entre idas e vindas durante varios anos, un relato de experiencias e descubrimentos. Auténtica amálgama das posibles tendencias expresivas do documental, un filme-odisea, dividido en catorce capítulos, que introduce e combina gravacións antropolóxicas, literatura, arquivos perdidos, historias autobiográficas e mitolóxicas. Premiada no BAFICI.